Asociación Cultural Eliseo Alonso

[ Arquivo ]

Febreiro 2007

Xullo 2004

Xuño 2004

Maio 2004

Outubro 2003

Xaneiro 2003

Xuño 2002

Xaneiro 2002

Xullo 2001

Abril 2001

Xaneiro 2001

Setembro 2000

[ Buscador ]

« Anterior | Portada | Seguinte »
 

Novos creadores

Data: Venres 17 de Xullo de 1998

Dous alumnos do Instituto de Bacharelado San Paio de Tui foron premiados no certame literario Minerva, que convoca o colexio Peleteiro de Santiago. Os dous se afeccionaron de nenos á lectura. Pronto o gusto polas historias os levou a crealas eles mesmos.

Samuel Solleiro González, de dezaseis anos, gañou o primeiro premio de narración co relato O estraño nome da flor do toxo. Samuel, que escribe dende moi neno decidíu darlle forma a un dos relatos que tiña esbozados e presentalo ó concurso. Agora respóndenos a algunhas preguntas.

— O estraño nome da flor do toxo é unha especie de metáfora sobre unha muller que vai en peregrinación á igrexa dun santo. Ten un fondo anticlerical, xa que se supón que a Igrexa é algo absurdo e ó final a muller decide dar volta.
— ¿Como empezaches a escribir?
— Supoño que foi por ler cousas que me interesaban. Levo xa bastantes anos escribindo e dende que cheguei ó instituto, preséntome a estes concursos.
— ¿Sempre escribes narrativa?
— Si, non me atrevín con outros xéneros; bueno, co teatro - escribimos unha obra para o instituto -, coa poesía non me atrevín.
— ¿Como elíxe-los temas dos teus relatos?
— Interésanme principalmente os temas do rural, agricultura, as aldeas.... Eu son de Tui, vivo en Tui, bueno ás veces vivo en Sobrada, Tui tampouco é demasiado urbano, coma Vigo, aquí coñécese o mundo da aldea, aínda que nunca digo nombres propios de lugares porque me dá un pouco igual. Eu penso que non hai moita diferencia entre unha aldea de aquí e unha aldea de Lugo.
— ¿Considéraste autodidacta ou recibiches apoio por parte dos teus profesor@s para escribir?
— Nos institutos non se fai moito para que os alumn@s escriban - por parte de algún profesor sí, pero non moito en xeral. Logo, cando recibín o premio, chegan as felicitacións pero pouco máis.
— ¿Tes pensado seguir escribindo e dedicarte profesionalmente á literatura?
— Sí, a mín gustaríame escribir de xeito profesional pero bueno...
Os gustos literarios de Samuel son moi variados, novela, poesía, teatro e os seus autores favoritos van dende os clásicos coma Joyce ata contemporáneos coma Manuel Rivas.

poesía e cine

O outro protagonista desta reportaxe é Roque Cameselle Capón, de dezasete anos, gañador do 2º Premio de Narración co relato O Pausiñas, e o 2º de Poesía con Círculos de xentes. Roque gañara antes o premio Contos de Difuntos 97/98 que outorga o Instituto San Paio de Tui, tamén con O Pausiñas.

— ¿Cal é o tema do teu relato O Pausiñas?
— Trata dun home ó que todo lle sae mal, pero ten a sorte de decidir cando morre e cando vai volver da morte.
— Círculos de xentes é un conxunto de tres poemas agrupados, ¿teñen os tres algo en común?
— Son independientes, escritos en diferentes momentos, despois uninos para o concurso, e os tres falan da xente que nos rodea.
— ¿Fai moito tempo que escribes?
— Bastante, foi algo que empezou coma unha afición, despois viñeron os premios.
— ¿Por qué xénero comezaches a escribir: poesía, narración...?
— Empecei sobre todo con narración e continuei con guións de cine, despois a poesía.
— ¿Como escolles para escribir?
— Escribo de todo un pouco, o que vai saíndo, misterio, novela negra (que me gusta moito), despois o que che pida, gústanme as cousas raras, ocórreseme unha historia e despois escribo sobre ela.
— ¿Quen te iniciou na afición pola escritura?
— En realidade ninguén. Na miña casa sempre hubo moitos libros, meus pais introducíronme no hábito da lectura e despois sempre te preguntas ¿e se eu fixera algo así?
— ¿Cres que o estás conseguindo?
— Non, pero bueno, nunca che gusta o traballo que fas.
— ¿Pero, gustaríache dedicarte profesionalmente a escribir?.
— Home, como non. Tamén me gustaría dedicarme ó cine.

preparando a estrea

Nos días en que realizámo-la entrevista, Roque traballaba na montaxe da súa primeira curtametraxe, Memoria indeseable, que se estreará probablemente no Centro Cultural Caixavigo nunha data ainda por concretar. A través dunha productora conseguíronse os cartos e gravouse en Tomiño. É unha película de misterio, polo que o seu autor non nos quixo adiantar nada do que sucede nela.
Para rematar preguntámoslle a Roque sobre o seu futuro.
— Gustaríame estudiar ciencias da comunicación audiovisual, o sexa cine. Interésame máis o cine, porque abarca as dúas cousas: a literatura e a realización.
Igual que a Samuel, a Roque gústalle moito ler. Lé de todo, pero sobre todo novela negra e poesía. Entre os poetas, Lorca é o seu preferido.
No próximo outono darase a coñece-lo premio de narración Francisco Fernández del Riego no que os dous participan con cadansúa narración. ¡Moita sorte!

Patricia Portela / Silvia Bautista


Escribe o teu comentario:
 










Lembrar estes datos?







Contidos © 2004 Asociación Cultural Eliseo Alonso · Deseño © 2004 Citania Multimedia