[ Arquivo ]
[ Buscador ]
Data: Sábado 17 de Febreiro de 2007
Trincadeiras
Escrito lido por Eliseo Alonso o 17-3-90 co gallo da festa das Trincadeiras que se organizou para celebra-lo éxito do pobo de Goián na defensa contra a expropiación deses terreos comunais a fin de converte-los en canteira.
Cumpridos tódolos nosos obxectivos propostos, esta “Comisión pra defensa das Trincadeiras” cesa no día de hoxe coa súa misión. Pero antes queremos agradecer, de todo corazón, a vosa fervorosa postura neste problema dunha importancia vital pró desenrolo no noso pueblo. E queremos deixar ben sentado de que o único protagonista deste feliz acontecemento de evitar ese incalculable mal que nos traerían as obras da expropiación, foi todo o pueblo de Goián. O que se conseguiu foi conseguido sin niñún tipo de distincións, por tódolos goianeses, que foi practicamente a totalidade a que se volcou neste asunto.
Nestes últimos días, o pueblo de Goián tamén tuvo e sigue tendo en toda Galicia o protagonismo dunha xente noble e coraxuda que, chegado o caso, sabe defender ben o que é seu. Neste sentido, incluso nos chegaron dende fora muitas voces de alento e felicitacións que van dirixidas a todos nós.
Foron días de inquedanzas e temores, pero hoxe, por fortuna, témola satisfacción de declarar os aquí presentes que, en ves das víctimas en que nos querían convertir, saímos vencedores neste empeño no que todos andábamos metidos e preocupados. As nosas Trincadeiras non foron nin podían ser expropiadas para ser convertidas nunha ruín canteira, unha poza de sarmagantas e un mal irreversible prá natural vida do pueblo. Pero, como vedes, tudo se consigue cando se fuxe do pasotismo ese e se sabe adoptar unha postura valente e un sentido da fraternidade.
Hoxe é unha fecha histórica, pois tal vez sexa pola primeira ves que se recorde, co pueblo de Goián movilizouse pra defende-los seus lexítimos intereses. Por iso, pensamos que deberíamos crear o Día das Trincadeiras, organizando tódolos anos festexos e actos culturaes neste benquerido recuncho da beira do Miño, chan e arboreda onde aniñan as nosas historias e tradicións. Igualmente deberíamos ir á creación do proietado parque natural, recabando fondos, tanto no pueblo como nos organismos oficiais que nos axudarían.
Tamén ésta podería ser unha boa oportunidade pra por a andar outras posibles iniciativas goianesas, nos aspectos socioeconómicos e culturaes, fixándonos lonxe esa rica visión do futuro que merece o desenvolvemento de Goián. E como metas máis próximas, e apondo tan solo un par de exemplos, a recuperación do recinto amurallado do castelo, pra cuio labor xa houbo promesas de axudas. O mesmo poderíamos dicir da Sociedade ou ben recuperar a nosa carretera e avenida (a Avda. Ordóñez), de baixada ó río, hoxe pra uso dalgúns tolos irresponsables do volante. Debían organizarse actos de protesta, colocar unha máis axeitada sinalización e obrigar a cumplila. Deste xeito aínda se poderán evitar desgracias mortales e feridos, como xa tuvemos que lamentar.
Rematamos repetindo, unha ves máis, que a vosa postura de compromiso foi decisiva nesta loita contra as poderosas barreiras da administración e os non menos poderosos enredos da burocracia que con tesón fomos vencendo. Foi unha chamada de atención, nun comunal e auténtico acto de veciñanza, que todos recordaremos e recordarán os goianeses que nos sucedan.
Escribe o teu comentario: