Asociación Cultural Eliseo Alonso

[ Arquivo ]

Febreiro 2007

Xullo 2004

Xuño 2004

Maio 2004

Outubro 2003

Xaneiro 2003

Xuño 2002

Xaneiro 2002

Xullo 2001

Abril 2001

Xaneiro 2001

Setembro 2000

[ Buscador ]

« Anterior | Portada | Seguinte »
 

Eulalia Jackson

Redactor: Nando Álvarez
Data: Venres 7 de Maio de 2004

Os pasos iniciais como pintora que deu Eulalia Portela Jackson foron a carón de Antonio Fernández, quen lle deu os primeiros consellos, aínda que é certo que non chegou a recibir del clases de debuxo nin de pintura, quizais pola reticencia do pai de Eulalia a que pasase tanto tempo xunto a alguén cunhas ideas tan de esquerdas como as do Pintor –unha vez máis vemos como a política mal entendida só servía para afastar os veciños entre si e para estorbar a cultura e o labor artístico.

Mesmo así, Eulalia acudía cada tarde a charlar co Pintor, a falar de arte e a ver os seus cadros. Un dos consellos que lle deu Antonio Fernández cando Eulalia tiña uns dezaseis ou dezasete anos foi que na vida debería escoller entre dedicarse á arte ou casar e formar unha familia. A arte é unha compañeira celosa que necesita todo o tempo para si, e que en moitas ocasións depara penurias económicas polas que é moi dificil pasar, canto máis se temos unha familia que manter. Como ela mesma di, Eulalia vén dunha familia con sona de seren algo teimosos, e isto foi o que a levou a tirar para diante coa firme decisión de chegar a formar unha familia sen sacrificar a súa vocación.
Quen si lle ensinou a pintar ata que Eulalia marchou para Inglaterra foi Paco (Xavier Pousa). Daquela saían xuntos a pintar acompañados por Machupa. Moitos veciños de Goián non vían ben que Machupa pintara, polo simple feito de pertencer a unha familia humilde, pero non tivo tempo de demostrar se a xente estaba ou non enganada porque finou moi novo. Aínda podemos ver o Machupa suxeitando unha premoritoria vela nun retrato que lle fixo Pousa no 1947.
Esta afección pola pintura e pola arte non era moi ben vista polos seus pais, que lle puxeron como condición para deixala pintar que estudiase Corte e Confección. Eulalia fíxolles cadanseu vestido ás súas irmás e non volveu coller unha agulla.

Con vinte anos foise a Inglaterra cunhas amigas, e matriculouse nun curso de pintura na Hedinton School, Oxford. Nesta escola foi onde coñeceu o seu home, Chris Jackson (quen por certo non queda atrás cos pinceis), que estudiaba arquitecura no mesmo edificio. Casaron logo, pois os pais de Eulalia non a deixaban vivir en Inglaterra tendo noivo. Despois de casar, xa con fillos, Eulalia viuse abocada a facer un curso de deseño de modas en Newcastle, pois foi a única opción que lle quedou a Eulalia ó non poder acceder a estudiar Belas artes por carecer de dominio do idioma a nivel universitario. Nesta cidade traballou durante trinta anos ó mesmo tempo que criaba os seus catro fillos, realizando labores de todo tipo: murais para locais comerciais, exposicións, ilustracións para libros, retratos... Pronto se integrou nun grupo de artistas cos que expuxo e creou durante anos, ata que voltou a Galicia no 1994.
O regreso de Eulalia a Goián é curioso. Todo nos leva a pensar que a tradicional morriña do galego acabou por fin vencendo e facendo volver a esta artista as súas orixes, pero quen realmente porfiou en vir foi o seu marido, Chris, a quen lle gustou o lugar ata o punto de decidirse a quedar a vivir aquí. Para Eulalia foi moi duro ter que empezar de cero outra vez, cando xa conseguira organizar toda a súa vida en Inglaterra. Alá tiña un círculo de amizades, un nome, unha clientela, e todo iso hóuboo de sacrificar para voltar a Goián.

A obra
O máis salientable na obra de Eulalia Jackson quizáis sexa a súa polivalencia. Estamos acostumados a ver nas súas exposicións acuarelas e óleos de bodegóns, flores e paisaxes, pero cando nos achegamos ó seu estudio e nos interesamos un pouco máis polo seu traballo, vemos como destaca tamén noutros eidos coma o deseño, a ilustración, o retrato ou o muralismo. O seu indiscutible dominio do debuxo fai que se desenvolva con soltura en distintos campos.

En Inglaterra era máis coñecida polas súas acuarelas, sen embargo aquí a xente valora máis o óleo. Se cadra a acuarela é máis adecuada para captar os ceos grises, a atmósfera húmida e neboenta do norte de Europa, mentres que aquí temos unha cultura pictórica influída polos países mediterráneos, cunhas cores máis contrastadas e intensas, que técnicas coma o óleo captan con maior facilidade.
Podemos ver cadros de carácter impresionista, nos que diferenciamos perfectamente as luces das súas paisaxes inglesas das galegas, a pesar de seren nos dous casos exemplos de climas húmidos. Xunto a estas, observamos retratos de cores moi fortes e vivas, que se aproximan ó fauvismo; e incluso temos exemplos de obras de estilo modernista nos seus deseños de teas.
Agora mesmo esta traballando no deseño dunha serie de sedas que servirán para a elaboración do vestiario dunha cantante. Temas tan variados como nus, flores, garzas ou outros animais son os elixidos para a decoración destas teas. O tinte é aplicado con pincel directamente sobre a tea tensada nun bastidor, de maneira que a elaboración da peza resulta totalmente artesanal. É curioso como despois de tantos anos, as circunstancias lle viñeron a dar utilidade a aqueles cursos de corte e confección e de deseño que tivera que facer por obrigación.

Escola de pintura
Dende hai anos Eulalia Jackson ensina a pintar en Goián a algúns nenos e a outros non tan nenos, colaborando desta forma a continuar o ronsel de artistas que Goián sempre tivo dende Antonio Fernandez. Tal vez dentro dalgúns anos poidamos falar dalgún pintor ou pintora (os máis dos alumnos son raparigas) que deu os seus primeiros pasos na arte gracias á escola de Eulalia Jackson. Nomes como Libia Domínguez, Cristal Martínez, Xosé Luís Lago, Ana Kooij, Andrea Rodríguez ou Laura Otero, entre outros, comezan a soarnos á forza de contemplar as exposicións de pintura organizadas en Goián todos os anos e nas que podemos apreciar a evolución destes alumnos.


Comentarios:

http://6346099c0a1a63f74c63ae15f4a65e98-t.huihg897.info 6346099c0a1a63f74c63ae15f4a65e98 [url]http://6346099c0a1a63f74c63ae15f4a65e98-b1.huihg897.info[/url] [url=http://6346099c0a1a63f74c63ae15f4a65e98-b2.huihg897.info]6346099c0a1a63f74c63ae15f4a65e98[/url] [u]http://6346099c0a1a63f74c63ae15f4a65e98-b3.huihg897.info[/u] e03050ea2e02bd604983470c788d56c6


Enviado por Dontae


 

Escribe o teu comentario:
 










Lembrar estes datos?







Contidos © 2004 Asociación Cultural Eliseo Alonso · Deseño © 2004 Citania Multimedia