[ Arquivo ]
[ Buscador ]
Trincadeiras
Escrito lido por Eliseo Alonso o 17-3-90 co gallo da festa das Trincadeiras que se organizou para celebra-lo éxito do pobo de Goián na defensa contra a expropiación deses terreos comunais a fin de converte-los en canteira.
![]()
Walbis é pequena, pouco comercio, ningunha casa importante ou monumento que nos chame a atención. A rúa que atravesa dun lado a outro a cidade, paralela ó mar, ten o nome do presidente do goberno: Sam Mnujoma, as demais só número: 1, 2, 3... Walbis é curiosa e limpa, vive do mar e dos barcos que o habitan dentro dunha baía protectora no medio do Atlántico. Dentro desa baía Walbis ten ao sur unha lagoa tranquila e espléndida rodeada por un paseo que a abre coma un abano ao barrio residencial de Meersig, unha lagoa chea de aves, sobre todo de flamengos, brancos, negros, vermellos e rosas.