Entrevista revista Río
Entrevista con Alberto Mvundi
Alberto Mvundi Kanhanga naceu en Angola ,en Quibala/Ngungo á beira do río Cuanza. Da súa infancia recorda a vida dunha aldea na que a súa familia subsistía de cultivar a terra e de criar cabras e galiñas…un traballo que só se interrumpía os domingos. Eses eran os días máis alegres, vestían de roupa branca, da cabeza ós pes para ir á igrexa. Alí ía cos pais e os amigos nunha xornada de seis da mañá á unha da tarde entre oficios e cánticos que dirixían curas brancos angolanos. Despois comían os seus pratos favoritos, o kalulú o funji e a moamba e xogaban á pelota cunha de trapo que eles mesmos fabricaban.
Vivían todo o día na rúa xogando porque non os deixaban ir á escola.

Alberto Mvundi: Nos non podíamos ir á escola porque estaba prohibida para os negros ,pero a misa era obligatoria . Na aldea había escola pero era só para a xente branca, para os negros brancos, era só para eles para nos estaba prohibido". Había xente que traballaba nas fincas dos brancos que pagaban unha miseria ou pagaban só con sal xabón ou un pantalón ou unha camisa eso era o soldo. Ainda así con aquela vida, eramos felices."
As cousas complicáronse cando chegou a guerra. Era o ano 1975 ,o ano da Independencia pactada que fracasou . Alberto tiña oito anos cando se instalou a guerra en Angola. De repente chegaron rumores de que os portugueses marcharan para Portugal e chegou un aviso de que tiñan que recoller as suas pertencias e fuxir da aldea. Estaba na estrada de Luanda e sabían que os tanques si pasaban arrasaban e era morte segura.
Alberto Mvundi ." Fixemos unha columna de xente coas nosas cousas ás costas . Comenzamos a camiñar sen destino.Sen saber para onde íamos fuxir. Íamos os nenos coas cabras, as galiñas, a aldea toda, andando descalzos, sin carros .Metímonos na selva abrindo camiño dia a día cortando mato ,buscando claros onde establecermonos. Guiaba o grupo o Soba, que era como o alcalde. Foi pola mañá .Estábamos no verán , debían ser as dez . Facía sol, e metímonos no mato, andar e andar quilómetros ata cansarse. Moitas veces os máis pequenos non podíamos máis e nos tiñan que levar ós maiores ás costas. Nos preguntabamos a onde íamos e os pais respondían que non podiamos quedar na casa porque había que fuxir da guerra e nos podían matar.Eu notaba unha certa inseguridade .Ainda que os maiores non nos querían dar moitas explicacións para non asustarnos, notábamos que polo ambente algo non discurría ben, Víamos mato, árbores e ouvíamos páxaros .Eramos moi pequenos pero notabas que algo non andaba ben.

Viviron dous anos na selva entre 1975 e 1977.Nese tempo nunca se cruzaron con ninguén. O soba decidía onde quedaban e canto tempo. As veces unha semana, as veces quince días, ata seis meses. Cando notaban síntomas de perigo levantaban o campamento e outra vez a andar pola selva. Facían cabanas, cazaban, pescaban e recollían frutos silvestres e tubérculos. Pura subsistencia, algo ó que xa estaban habituados.
Alberto M: Eramos máis de trinta familias, unhas duascentas persoas en total.Contábannos tódolos dias por si alguén quedaba atrás ou atacaba un león. Nese tempo non pasamos fame. Os maiores cazaban e pescaban e comíamos sin sal pero fame non pasamos.Para cazar fabricábamos un instrumento chamado zagaia e para pescar un aparello de pau chamado uzía. Non existía o diñeiro ,compartíase o pouco que había e repartíase o traballo. O lume facíase de xeito primitivo xuntando duas lascas de pedra cun algodón no medio. Batiamos varias veces ata que unha faisca prendía no algodón. Saía fume, sinal de que había lume. Como non tiñamos roupas nen mantas fabricabamos grandes tecidos coa casca dunhas árbores xigantes. Cortábase a casca, mazábase a golpes e ían caendo da árbore ata transformarse nun tecido groso que parecía unha alfombra. Con el faciamos túnicas.

Na selva tamén había eleccións, como nos paises civilizados. O presidente era o soba, o primeiro ministro Nguvulo.Os médicos tradicionais, curandeiros ou quimbandas. Nos meses de moito frio eran os encarregados de facer a circuncisión. É un ritual imprescindible para os homes na súa cultura e moi delicado. Non podía fallar nada.
Alberto Mvundi:Eramos perto de quince elementos con idades entre os oito e os once anos e sacábannos das casas dos nosos pais e nos dicía o quimbanda:a partir de hoxe seredes grandes homes, teredes moitas namoradas e se escapais da exorcisao non seredes queridos polas mulleres. Ninguén se atrevía a fuxir. Íamos a pe uns dous quilómetros cos curandeiros ata a beira do río. Un dos xefes dixo Aquí será o voso Jango, lugar sagrado e ó mesmo tempo sería o noso hospital tradicional.. Chegou o momento.Puxéronnos nunca fileira cantando cancions de ritual ,sen roupas, totalmente espidos agradando o turno.A técnica é a que sigue: mentres un dos xefes te distrae con palabras bonitas prometendo que serás un gran pescador, un gran cazador e terás moitas mulleres o outro estirate a pel e corta. Son segundos e non notas nada ata que comenzas a sentir a dor. A cura dura dous meses e faese a base de herbas picadas. Tódolos dias as cinco da mañá tíñamos que mergullarnos no río na auga fria varias veces para cuar as feridas. Segundo o curandeiro canto máis fria estivera a auga mellor curaban.

Un día ,de repente, varios helicópteros aterraron ó pe das cabanas, no medio do mato, facendo un terrible ruído, levantando pó e avaneando as árbores como se fosen cair.
Alberto Mvundi: Eso foi o terror.Pensamos que era o noso fin, o fin do mundo do que falaban os curas, o mesmo inferno. Entramos en pánico. Cada un corría por onde podía, todos querían fuxir. Foi tan rápido que ninguén se perdeu , nin pasou nada. De repente baixa un home dun helicóptero e cun megáfono pídelle á xente que volva que non van matar a ninguén. Non dispararon nin un tiro. Nos sabíamos que eran do MPLA, eles anunciaron que nos ían levar a un sitio onde os nenos poderían ir á escola e que aprenderían a ler e a falar portugués. Esa foi a mellor noticia que podíamos escoltar, sobre todo os nosos pais que soñaban con poder falar portugués porque era como ter un diamante, era como ser igual ós blancos .Significaba ter as mesmas oportunidades que os blancos, unha nova vida. Os maiores estaban soñando co paraíso. Mentres nos explicaban como ía ser a nosa nova vida seguían chegando máis helicópteros , máis de quince e fomos subindo coas cousas. Daba medo, os maiores estaban asustados. A miña avoa negábase a subir, decía e aquel aparato era morte segura, chamáballe páxaro voador. Foi unha experiencia que maís parecía un soño, non parecía verdade.
A cidade era sinónimo dunha vida mellor. En Luanda foron ocupar o bairro de Palanca ,que sigue a ser o dos refugiados. Recibiron madeira, chapa e ferramentas para facer cada familia unha casa.Alí se estableceu a súa familia pero el tivo que separarse para ir á escola obligatoria ata os dezaoito anos.Foi ó norte, a Malange.Só podía voltar unha ou duas veces ó ano. Cando cumpliu dezasete decidiu volver a casa e buscarse a vida.
Alberto Mvundi:As consecuencias da guerra foron terribles. Os desprazados estaban todos na capital, non había traballo, non había terras para cultivar e as cousas ían mal. Eu vía que non había futuro para min. A miña familia estaba sofrendo e fui alí como descubrí como sair do país. Precisaba diñeiro para marchar. Tiña un tío que era sastre e facía roupa e el ensinoume a coser a máquina e a cortar as telas . Tiven a idea de facer bolsas para vender con telas de arpillera reciclada dos sacos de azucar que me daban os soldados. Eu cosía bolsas e mochilas de tódolos tamaños. Vendíaas na feira e tamén lle daba clases ós nenos máis pequenos e os pais me pagaban algo, o que podían, eu non cobraba pero eles axudábanme. Había tantas ganas de aprender que amais de ir a escola ían ás miñas clases para saber máis. Eu gardaba tódolos cartos para sair legalmente do país. Librei do servicio militar porque tiven un accidente e os inspectores médicos cubanos certificaron que non podía ir á tropa. Fui exento e por eso conseguí o pasaporte. Aforrei un ano enteiro para pagar o pasaporte e na Ambaixada de Portugal solicitei un Visado de turista que me custou uns trescentos euros daquela que para min era carísimo. Tiven que pagar o pasaporte, o Visado, as vacinas e tamén os sobornos para que non demorasen seis meses os papeis. Si pagas, nun día consegues os selos . O meu traballo dun ano gasteino na papelada. O máis barato foi a pasaxe de avión a Lisboa, quince mil pesetas.
Chegou a Portugal con dezanove anos e sete mil escudos no peto pero pensou que era mellor sofrir un pouco que voltar. Na praza do rocío encontrou ós primeiros africanos con traxe e corbata e pensou que debían traballar en algo. O primeiro que conseguiu foi un emprego nunca fábrica de galletas. O dono pagaba pouco, mil escudos por xornadas de dez horas pero deixáballe un curruncho para durmir.
Alberto Mvundi: Foi alí onde comenzou a surxir a idea de comenzar a tocar algo. A min gustábame a música e comprei unha guitarra baratiña e un libro de acordes. As tardes do sábado e o domingo enteiro pasábaas lendo o libro co que fun aprendendo posturas e acordes. Os sete meses fun a un bar coa guitarra e o dono do bar convidoume a tocar algo, alí no mesmo pobo. Pasei toda a noite tocando. O dono ó final deume dez mil escudos e convidoume a todo o que bebera. Eu non o cría. Gañei nunca noite o que gañaba en dez dias de traballo ,incluidas as bebidas. Alí comencei a plantearme o futuro e deixei a fábrica no verán. O patrón díxome que si as cousas non me ían ben alí tiña a porta aberta. Pagaba pouco pero era boa persoa, eso tamén é importante. Cobrei o mes , despedinme e fui directo a Lisboa. Quería seguir tocando música pero recomendáronme ir a Cascais que é unha zona turística con locais e aleman carregados de diñeiro. Daquela non compoñía, cantaba temas portugueses, brasileiros moi coñecidos. Así que entro en Cascais, á rua das tendas tropezo cun mulato tocando na rúa. Senteime enfrente e escoitei, cantaba en africano, falaba de Mozambique e cando el acabou de tocar presenteime e pedinlle axuda para comenzar a tocar.Convidoume a ir á sua casa.Todo cuadraba ben a sorte acompañábame e decidimos tocar xuntos. Tiven que aprender o seu repertorio e comenzamos a tocar na rua para poder comer. Os donos dos locais nos contrataban na rua e quedei alí tocando e aprendendo. Nos veráns íamos para o Algarve e víñamos cargados de diñeiro. Así foi como descubrí que podía vivir da música e saquei a residencia portuguesa.
Despois de estar seis meses en Porto tocando na rua e nos bares da Ribeira ,sobre todo os temas de Rui Veloso para un ambente de estudantes decidiu seguir cara ó norte e recalou un tempo en Viana do Castelo.
Alberto Mvund:En Viana un día dixéronme que podía ir a España. Eu non entendía, vin no mapa pero non sabía a distancia real .Tiña medo que me prendera a policia e me enviaran para Angola. Un dia un grupo de mozos contoume que as fins de semana apañaban o tren e ían a Vigo. Eu pregunteille como pasaban a fronteira, Explicáronme que en Europa non había fronteiras e que os trens non paraban porque non había controis. Eu tiña medo porque como era negro a policía pedíame os documentos. Un día decidinme ,collín a guitarra e fun con eles por si tiña algún problema. Pasaban alí o fin de semana sin durmir.Mentres os demais ían tomar copas eu ía tocar á rúa do Principe .Eu non tomaba cervezas só quería tocar e cantar. Cantaba en portugués, versións en brasileiro. Daquela xa comencei a compoñer en quimbundo pero eran temas íntimos para disfrutar eu solo na casa. Tiña medo e fui almacenando as cousas que escribía. Eu non me esperaba que en España falaran un portugués extraño, era o galego e eu estaba feliz. Ainda tiña medo á policía pero comencei a coñecer xente e e instaleime en Vigo. A rua foi para min unha escola, a escola de aprender a vivir, de aprender a gañarme a vida, a aforrar e tamén a escola de amar. Alí foi onde coñecín a Marga . Con ela comencei outra vida. Comenzamos a vivir en Vila Nova de Cerveira (Portugal) e de ahí cruzamos no ferry a Goián, atopamos unha casa e alí naceu Gael, o noso fillo.
A fIASTA, festa da cultura miñota, que se celebra en Goián , foi unha oportunidade diferente .Era o ano 1998.Foi a primeira vez que tocaba nun esceario. Foi tamén a primeira vez que cantou temas seus con outros músicos.
Alberto Mvundi:Na Fiasta estaba ilusionado e nervioso. Un amigo de Goián-Pancho- aconselloume que cantara as miñas composicións, que o público ía apreciar os temas orixinais e mesmo o meu dialecto. Fíxenlle caso e a partir de ahí comencei a mostrar en público os meus temas, a cantar a miña música. Tristeza non vai viver xamais foi o meu himno.O verdadeiro Alberto comenzou a sair de dentro. Os ritmos de raices angolanas foron surxindo, o semba que é a actual samba brasileña, o quembo, kizomba e o reagee. Foi en Galicia onde comenzou todo máis forte. Aquí coñecín muitos e grandes amigos e músicos cos que comencei unha nova etapa. Séptima experiencia, Senangola, a Turma Galaica e outros músicos. Agora son máis cantautor. A guerra en Angola seguía quince anos despois de eu marchar é un tema que está sempre presente, a realidade do emigrante en Europa.
Tocou en distintos escearios como a Auditorio de Galicia en Santiago, o Centro Cultural Caixanova de Vigo, no Círculo de Bellas Artes de Madrid en festivais como o Latim en pó , Sete notas, sete cidades, en Compostela nas festas de San Froilán de Lugo, nas da Coruña,nas Burgas de Ourense, na Festa do Boi de Allariz… Compartimos cartel con Rosendo, Macaco,Uxía, Siniestro Total, José Manuel Budiño, Enemigos, Xurxo Souto ,Emilio Cao, Mercedes Peón e foi Manu Chao que me elexiu como telonero do seu concerto de Lalín en 2002. Salas como a N.A.S.A. ou As Crechas de Compostela, O Odeon e o Sete Mares de Vigo, O Clavicémbalo de Lugo….
Alberto Mvundi: Son un inmigrante, legal, non vivin moitos problemas de integración pero ainda non conseguí volver a Angola. É un dos meus anceios, poder seguir dando concertos, gravar moitos discos, facer moitos amigos e visitar Angola.