A MÚSICA NON TEN FRONTEIRAS

Alberto Mvundi veu de Angola a Portugal e recalou finalmente en Galicia. Sorte para nós. Alberto é un facedor de cancións instintivo, amamantado por sons que recordan a súa orixe africana. Fálanos de Angola con letras sinxelas e directas. A fondura do discurso de Alberto nace da forma inocente con que ó relatar nos toca o corazón. As melodías son intuitivas e tras dunha apariencia simple se esconden ritmos complicados de raíces angolanas, antigos e étnicos.

Alberto non pode nin quere esquecer a guerra e nos seus temas está presente unha chamada á convivencia entre as diferentes culturas. A familia que quedou atrás e os sonos de todo emigrante en busca de futuro en Europa convírtense en cancións que canta no seu dialecto..

"Eu vím de lá da África profunda onde a gente canta a pesar do sofrimento..."

 
 
Diseño: Citania Multimedia>