ACEA Revista Río Teatro Cineclub Poleiro Danza Fiasta
  :: Información sobre ACEA ::

Seccións

 Río

 Teatro

 Cineclub

 Danza

 Música

 Fiasta

 

| Portada |

:: Avisos

Exposición: Diario dunha viaxe por Namibia.
Inauguración 18 de Xuño ás 20h.
Aberta até o día 27 de Xuño.


View image
Pancho Salmerón fixo un caderno da súa viaxe a Namibia. Un par de cámaras e unha libreta de notas permitíronlle revivir para seu fillo imaxes e sensacións deste país. Elixiu cincuenta fotografías de entre as máis de mil que tirou nun mes e doce mil quilómetros de ruta.

O seu fillo viviu con el os preparativos da viaxe, mapas e reunións cos amigos ó redor dun lonxano país do sur do soño de África, por iso á volta pensou nesta exposición, como un regalo. Non se trata dun traballo pensado para mostrar a realidade dun país democrático, Namibia, que segue ofrecendo uns contrastes difíciles de asumir en algúns aspectos. Trátase do relato dunha viaxe turística contada por un pai a seu fillo.

View image
Fotografías de animais fascinantes que son a imaxe de África. Paisaxes quentes que se agarraron á retina do autor: as tormentas de area, as dunas do deserto do Namib, o río Chobe, os poboados himba. E Walvis Bay e a súa lagoa salgada cuberta de milleiros de flamingos e pelícanos.

A exposición complétase cun diario de apoio á visión fotográfica, que describe polo miúdo as rotas polas que o autor andou en Namibia, Bostwana e Zimbabwue, e o pouso de cada lugar: avións, postos de venda ambulantes, angolanos que cruzaban a fronteira para comerciar, as chozas dos poboados, etc.

Pancho Salmerón traballa na directiva da Asociación Cultural Eliseo Alonso dende a súa fundación. Coordinou a revista cultural miñota Río, e traballa como reporteiro gráfico en televisión.