ACEA Revista Río Teatro Cineclub Poleiro Danza Fiasta
  :: Información sobre ACEA ::

Seccións

 Río

 Teatro

 Cineclub

 Danza

 Música

 Fiasta

 

| Portada |

:: Memoria

MEMORIA DE ACTIVIDADES DO ANO 2003



  • Xaneiro. Distribúese o número 15 da revista Río.


  • Cineclub Poleiro. no cine Avenida da Guarda proxéctase a película Italiano para principiantes.


  • 17-01-03.- Presentación dun estudio sobre o xoguete tradicional. Os xoguetes esquecidos obra de Xosé López González e Xosé Manuel García. Con Bieito Alonso do Consello editorial de A Nosa Terra. No local.


  • 1-02-03.- A Asociación participa no 1º Concerto Expansivo organizado por Burla Negra na Gua-Gua. As 22:00 horas lese un comunicado conxunto en toda Galicia. Participan o grupo Río e Lugnasad.


  • 6-02-03.- Cine club Poleiro proxecta 11 de setembro. Once directores ofrecen o seu punto de vista sobre o 11-S.


  • 21-03-03.- Concerto do grupo Ecléctica Ensemble con Uxía Pedreira, Richard Rivera, David Salgado e Ramón Piñeiro. No Centro Goianés.


  • 29-03-03.- A ACEA, a Agrupación Musical de Goián e a Asociación de nais e pais de Goián organizan un acto contra a guerra co lema A guerra entrou na casa non deixes que entre no teu corazón. Música, poesía e mensaxes nunha gran pancarta contra a paz. No patio da escola.


  • 3-04-03.- O cineclub Poleiro programa El último tren dirixida por Diego Arsuaga.


  • 11-04-03.- Conferencia sobre a emigración. O vicecónsul honorario de Uruguai en Vigo, Santiago Costa. Uruguai: un país de ida e volta. Actividade do cineclub en relación coa película anterior.


  • (16-18)-04-03.- Exposición: Mostra de artesanía Cor D`area de Pilar Piñeiro . Unha maneira de mostrar o traballo de artistas e artesáns da comarca.


  • Finais de abril. Convidamos a tódolos grupos políticos que concurren ás eleccións municipais a presentar no local da ACEA os seus programas culturais.

  • -3-05-03.- Os candidatos do PSdeG-PSOE presentan o seu programa cultural ás eleccións municipais. Local social.


  • 4-05-03.- Os candidatos do BNG presentan o seu programa cultural ás eleccións municipais.


  • (16, 17, 18, 23, 24, 25)-05-03.- Exposición de pintura de Eulalia Jackson. Local da ACEA.


  • 24-07-03.- Presentación da Fiasta 2003. Actuacións do mimo Nacho Otero coa obra Para locos sin carné e de Mimo Para 2 con Skechiteces. Praia de Goián.


  • 27-08-03.- Presentamos a Fiasta ante a prensa na galería Sargadelos de Vigo.


  • Agosto.- Edítase unha pequena revista a toda cor coa historia da Fiasta e as actividades programadas. Financiamento privado. Edítase un catálogo a toda cor. Financiamento privado. Fiasta 8 grupos de teatro, dez grupos de música, dez talleres de artesanía, 21 artistas e o I Premio de cilantro de Goián. Colaboran dezasete asociacións da comarca.


  • Setembro.- Distribuimos o número 16 da revista Río.


  • Outubro.- Comenza a actividade dos cursos de danza. Cuarta tempada. Dous cursos de nenos e un de adultos. Profesora: Cristina García.


  • 10-03.- O Cineclub Poleiro comenza a cuarta tempada con Punch-Drank Love dirixida por Paul Thomas Anderson.


  • 11-03.- O cineclub Poleiro programa Bowling for Columbine de Michel Moore un documental sobre o uso excesivo das armas nos EE.UU.


  • 28-11.- Conferencia do biólogo e director do Aquamuseo de Vila Nova de Cerveira (Portugal) Carlos Antunes sobre os aspectos biolóxicos ambientais e económicos do meixón no río Miño. Local ACEA.


  • 29-11-03.- Cea anual da Asociación.


  • 2-03.- O cineclub Poleiro programa Far from heaven de Todd Haynes.