![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
|
| :: Información sobre ACEA :: | |||||||||||
|
Seccións
|
| Portada | :: Estatutos
DO NOME, OBXECTO, DOMICILIO E ÁMBITO TERRITORIAL. Artigo 1.- No día 28 de decembro de 1997 constituíuse a asociación sociocultural independente co nome Asociación Cultural Eliseo Alonso e apróbanse o seus estatutos Artigo 2.- A lingua oficial desta asociación será o galego. Artigo 3.- Esta asociación constitúese por tempo indefinido. Artigo 4.- Son fins da Asociación Cultural Eliseo Alonso: ► O enriquecemento cultural do Baixo Miño, tendo en conta as súas particularidades históricas, tradicionais, medioambientais e de fronteira. Artigo 5.- Tódolos actos que organice a Asociación serán abertos a todo tipo de público sen ningún tipo de discriminación, sen prexuízo de se prime e fomente a inscrición de socios. Artigo 6.- A Asociación establece o seu domicilio Social en Goián, na Praza Correo nº 1, c.p. 36750, e o seu ámbito territorial no que vai a realizar principalmente as súas actividades é o Baixo Miño, sen que iso supoña unha limitación nas súas actuacións, que poderán acadar tanto ámbito nacional como internacional. Este domicilio poderá ser variado por acordo da Asemblea Xeral, sen que tal cambio supoña modificación estatutaria. CAPÍTULO II ÓRGANOS DE REPRESENTACIÓN, GOBERNO E ADMINISTRACIÓN Artigo 7.- Os órganos de representación, goberno e administración da Asociación Cultural Eliseo Alonso son a Xunta Directiva e a Asemblea Xeral de socios. Artigo 8.- A Asociación Cultural Eliseo Alonso estará xestionada e representada por unha Xunta Directiva composta por Presidente/a, Vicepresidente/a, Secretario/a, Tesoureiro/a e cantos vocais se xulguen necesarios. Artigo 9.- Tódolos cargos que compoñen a Xunta Directiva serán gratuítos, podendo ser resarcidos polos gastos que supoña o exercicio do seu cargo. Estes serán designados e revocados pola Asemblea Xeral. Artigo 10.- A elección dos cargos directivos correspóndelle unicamente á Asemblea Xeral. Artigo 11.- O presidente e, no seu nome, aqueles membros directivos en que delegue, ostentarán a representación legal da Asociación, actuarán en nome dela e estarán obrigados a executa-los acordos validamente adoptados pola Asemblea e a Xunta Directiva. Artigo 12.- A duración dos cargos da Xunta Directiva. será por dous anos. Tódolos cargos serán reelixibles seguindo o establecido nestes estatutos. Artigo 13.- Os membros que formen a Xunta Directiva, unha vez que tomen posesión dos cargos, non poderán renunciar a estes se antes non presentan perante a Xunta Directiva causas plenamente xustificadas. Artigo 14.- A Xunta Directiva reunirase regularmente unha vez o mes, sen prexuízo de celebrar cantas sesións sexan necesarias á vista dos asuntos que as requiran. Artigo 15.- No caso de baixa da metade máis un da Xunta Directiva, convocarase a Asemblea Xeral nun prazo non superior a 30 días naturais para completala e renovala. A Xunta Directiva non poderá causar baixa colectivamente, ostentarán os seus cargos ata o nomeamento dunha nova Xunta Directiva en Asemblea Xeral dentro dos 30 días naturais seguintes, á que dará contas da súa xestión presentando o oportuno balance, inventario e facéndolle entrega dos documentos, fondos e patrimonios da Asociación. Artigo 16.- As determinacións tomaranse por maioría de votos dos directivos presentes. Cada un poderá salva-lo voto nos asuntos sometidos a debate. En caso de empate, decidirá o voto do presidente. Artigo 17.- Ningún membro da Xunta Directiva poderá delegar a súa representación nin o seu voto nas reunións da Xunta Directiva. FUNCIÓNS DA XUNTA DIRECTIVA Artigo 18.- As funcións da Xunta Directiva estenderanse con carácter xeral a tódolos actos propios dos fins da Asociación, sempre que non requiran expresamente a aprobación da Asemblea Xeral. a) Dirixi-las actividades sociais e levar a xestión económica e administrativa da Asociación, acordando realiza-los oportunos contratos e actos. Para contratar ou obrigarse respecto ós bens móbeis e inmóbeis e dereitos así como créditos superiores a 3.000 €, a Xunta Directiva necesitará a autorización especial da Asemblea Xeral convocada ó efecto. FUNCIÓNS DOS CARGOS DIRECTIVOS Artigo 19.- Serán funcións do Presidente: a) Representar legalmente á Asociación ante toda clase de organismos públicos e privados. Artigo 20- Corresponde ó Vicepresidente: a) Sustituir ó Presidente nos casos de ausencia ou imposibilidade deste, ou nos casos nos que este ou a Xunta Directiva delegue nel expresamente. Artigo 21.- O Secretario: a) Encargarase da administración, expedirá certificacións, levará os libros da asociación, o ficheiro de asociados e custodiará a documentación da entidade, facendo que se cursen as comunicacións sobre os acordos sociais e o cumprimento das obrigas documentais nos términos que legalmente corresponda. Artigo 22.- O Tesoureiro recadará e custodiará os fondos da asociación e dará cumprimento ás ordes de pago que expida o Presidente. A presentación das contas anuais corresponde ó Tesoureiro. Artigo 23.- Será competencia dos vocais: a) Velar pola extensión e fomento dos obxectivos propios da Asociación. A ASEMBLEA XERAL Artigo 24.- A Asemblea Xeral é o órgano supremo de goberno da Asociación e estará integrada por tódolos socios. Artigo 25.- As xuntanzas da Asemblea Xeral serán ordinarias e extraordinarias. A ordinaria celebrarase unha vez ó ano, como mínimo, dentro dos seis meses seguintes ó peche do exercicio co fin de aprobar as contas. As extraordinarias celebraranse cando o aconsellen as circunstancias, a xuízo do Presidente, cando a Xunta Directiva o acorde ou cando o propoña por escrito dirixido ó presidente un 10% dos asociados. Artigo 26.- As convocatorias ás Asembleas Xerais realizaranse expresando o lugar, día e hora da reunión, así como a orde do día con expresión concreta dos asuntos a tratar. Ademais nas convocatorias incluirase a seguinte información: a) Orde do día, que estará encabezada pola lectura da acta anterior e rematará con rogos e preguntas, con inclusión do resto dos puntos que se tercien. Artigo 27.- Entre a convocatoria e o día da celebración da Asemblea en 1ª convocatoria, mediarán polo menos 7 días naturais, facendo constar a data e a hora da 2ª convocatoria, cun marxe de media hora como mínimo. Artigo 28.- En caso de urxencia as Asembleas Extraordinarias poderán convocarse con 24 a 48 horas de antelación. Artigo 29.-Presidirá a Asemblea Xeral o Presidente; no seu defecto o Vicepresidente ou quen, na ausencia de ámbolosdous, decida a Asemblea. Actuará de secretario o Secretario da Xunta Directiva, ou na súa ausencia, quen nomee a Asemblea. Nas Asembleas Xerais terán voz e voto os socios en plenitude de dereitos. As persoas asistentes non asociadas, con aceptación da Asemblea, poden ter voz, pero non voto. Cada socio só poderá ostentar a súa representación. Non haberá voto delegado Artigo 30.- Son funcións da Asemblea Xeral Ordinaria: a) Aprobación, no seu caso, da xestión da Xunta Directiva. Artigo 31 Corresponde á Asemblea Xeral Extraordinaria: a) Nomeamento dos membros da Xunta Directiva para cubrir vacantes fora de prazo. Artigo 32.- As votacións serán públicas, si un 20% dos asistentes con dereito a voto non solicita que sexan secretas. Artigo 33.- As Asembleas Xerais, tanto ordinarias como extraordinarias, quedarán validamente constituídas en primeira convocatoria cando concorran a metade máis un dos socios. En segunda convocatoria, calquera que sexa o número de representantes asistentes dos asociados. Artigo 34.- Os acordos tomaranse por maioría simple dos socios presentes cando os votos afirmativos superen os negativos, non sendo computables a estes efectos os votos en branco ou abstencións. Será necesaria a maioría cualificada dos socios presentes con dereito a voto, que resultará cando os votos afirmativos superen a metade dos asistentes para: a) Nomeamentos e ceses de Xunta Directiva e administradores. CAPÍTULO III DEREITOS E OBRIGAS DOS SOCIOS DEREITOS Artigo 35.- Os socios terán os seguintes dereitos: a) Contribuíren ó cumprimento dos fins específicos da Asociación, esixindo que esta se axuste ós presentes estatutos; OBRIGAS Artigo 36.- Son obrigas dos socios da Federación: a) Cumprir os presentes Estatutos e os acordos válidos das Asembleas e da Xunta Directiva, así como o Regulamento de Réxime Interno. ALTAS, BAIXAS E SANCIÓNS Artigo 37.- Para ser admitido como socio cómpre: a) Solicitalo por escrito dirixido á Xunta Directiva, indicando nome, apelidos, DNI, enderezo e os datos necesarios para domiciliar as cotas acordadas en Asemblea. Artigo 38.- A Asociación poderá ter socios de honor, persoas físicas ou xurídicas que polo seu prestixio contribuirán dun xeito relevante á dignificación e desenvolvemento da Asociación, facéndose dignos de tal distinción. O nomeamento dos socios de honor corresponderá á Xunta Directiva, coa aprobación cualificada da Asemblea Xeral. Estes socios non terán dereito a voto. Artigo 39.- Os socios causarán baixa por algunha das causas seguintes: a) Por renuncia voluntaria, comunicada por escrito á Xunta Directiva. Artigo 40.- O socio que cause baixa voluntariamente ou por expediente disciplinario perderá tódolos dereitos como tal. Artigo 41.- Os socios que incumpran as súas obrigas coa Asociación, poderán ser sancionados pola Xunta Directiva, previa instrucción de expediente coas seguintes medidas: a) Apercibimento. O socio sancionado poderá recorrer en alzada ante a primeira Asemblea Xeral que se celebre e os acordos desta serán executivos. O expedientado ten dereito a: ser escoitado con carácter previo á adopción de medidas disciplinarias contra el e ser informado dos feitos, debendo ser motivado o acordo que, no seu caso, impoña a sanción. CAPÍTULO IV RESPONSABILIDADE E OBRIGAS DOCUMENTAIS Artigo 43.- Os membros da Xunta Directiva responden ante a Asociación, os asociados e terceiros por danos e débedas contraídas por actos dolosos, culposos ou neglixentes. Responderán así mesmo civil e administrativamente por actos e omisións no exercicio das súas funcións e por acordos votados na Xunta Directiva, fronte a terceiros, á Asociación e ós socios. Artigo 44.- A Asociación está obrigada á ter da seguinte documentación, que pode ser en soporte informático: 1. Relación actualizada de asociados. Artigo 45.- No libro de rexistro de asociados deberá consta-lo nome e apelidos dos socios, o seu número de DNI e, no seu caso, os cargos de representación, goberno e administración que exerzan na Asociación. Tamén se especificarán as datas de altas e baixas e as de toma de posesión e cese dos cargos. Artigo 46.- Nos libros de actas consignaranse as reunións que celebre a Asemblea Xeral con expresión da data, asistentes, asuntos tratados e acordos adoptados. As actas serán asinadas en todo caso polo presidente e o secretario. Artigo 47.- Nos libros de contabilidade figurarán tanto o patrimonio, como os dereitos e obrigas, e ingresos e gastos da Asociación, téndose que precisa-la procedencia e o destino destes, balance da situación e memoria explicativa das actuacións realizadas. CAPÍTULO V DA MOCIÓN DE CENSURA Artigo 49.- Tódolos cargos enumerados e descritos nos presentes Estatutos, como compoñentes da Xunta Directiva, e cantos outros puideran crearse na mesma son responsables perante as Asembleas que os elixiron. Calquera socio poderá propor unha moción de censura contra calquera das persoas que ocupen eses cargos, debendo presentarse por escrito especificando o seu carácter xeral ou concretando nalgún cargo máis e unha curta exposición dos motivos. Para poder a pasar a discutir e votar a mesma, compre que a moción de censura estea apoiada, polo menos, por un tercio dos socios. Despois de consumirse unha rolda preceptiva de defensa e outras dúas xerais potestativas de réplica e súplica, pasaríase de seguido a votación. No suposto de que sexa aceptada por maioría cualificada dos socios presentes, a moción de censura terá efecto inmediato, implicando o automático afastamento do cargo. CAPÍTULO VI DO RÉXIME ECONÓMICO Artigo 50.- Os recursos económicos previstos para o desenvolvemento dos fins e actividades da Federación serán os seguintes: 1. As cotas dos socios, periódicas ou extraordinarias. Artigo 51.- O exercicio asociativo e económico será anual e o seu peche terá lugar no 31 de decembro de cada ano. DISOLUCIÓN DA ASOCIACIÓN Artigo 52.- A Asociación disolverase cando así o acorde a Asemblea Xeral Extraordinaria, convocada ó efecto, por unha maioría de 2/3 dos asociados, así como por causas determinadas no artigo 39 do Código Civil e por sentencia firme. Artigo 53.- En caso de disolución, nomearase unha comisión liquidadora a cal (salvo que sexa o xuíz quen acorde a disolución), unha vez saldadas e cobradas as débedas, si houbera sobrante líquido ou patrimonial. A Asemblea Xeral determinará como e a que se destinarán os fondos existentes. a) Velar pola integridade do Patrimonio da Asociación. No caso de insolvencia da Asociación, os liquidadores iniciarán procedemento concursal ante o Xuíz competente.
|
||||||||||